José Luis Varela Vidal e os seus compañeiros da asociación de veciños de Anllóns son os responsables de que hoxe comecen tres días de festa nesa parroquia de Ponteceso. Onte á tarde, José Luis, Víctor e Martín traballaban codo a codo para deixar a punto a taberna da comisión arredor da árbore que preside o campo da festa.
-A festa non empeza ata mañá, pero hoxe terán unha tarde moi animada.
-Imos facer unha baixada polo río que denominamos Agárrate ao que poidas . É algo parecido ao descenso de Carballo, pero o noso é máis agreste. Farémolo dende A Saimia ata o Campo do Río. De sete a dez teremos hinchables para os rapaces e pola noite, unha churrascada para os veciños e para quen veña, que non pedimos documentación. -As festas, a asociación de veciños... ¿Hai algo que non pase polas súas mans? -Case non. Facemos o que podemos. -¿E que teñen preparado para o luns e o martes? -O luns haberá pasarrúas coa banda Eduardo Pondal, estará a orquestra Delirio, e pola tarde haberá xogos para os rapaces e o partido de solteiras contra casadas, que se fai diante do palco. O martes estará D'Moda. -O patrón de Anllóns é san Fins, pero polo que se ve son máis de san Roque. -Eu caseime para aquí e fago o que me mandan (ri).