-¿Que tal é traballar cos rapaces?
-A mellor idade é a comprendida entre quinto de primaria e terceiro da ESO, porque traballaban sen complexos, sen medos. Para eles é unha actividade fantástica, porque exercen a mente, agudizan o inxenio, aprenden vocabulario e tradicións e gañan en axilidade. Todo son vantaxes.