«O de Vimianzo é un caso bastante desagradable»

La Voz

CARBALLO

23 abr 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

-¿Ten pensado volver á política local?

-Non forma parte dos meus plans, Nin a curto, nin medio nin longo prazo.

-¿Está contenta no cargo de secretaria xeral dos socialistas da comarca?

-Como todo. Son secretaria porque mo pediron os compañeiros tras a dimisión de Bautista Santos. A renovación tiña que terse feito no outono pasado, pero ocorre que o partido dotouse de nova estrutura e iremos cara unha agrupación provincial, e prorrogáronse as comarcais. Estes cargos dan moita alegrías e algún desgusto, pero forma parte das obrigas que temos. Quen é deputado está liberado economicamente porque ten un salario e non pode negarse a aceptar unha responsabilidade que a outros lles custaría máis.

-¿Séntese apoiada polos socialistas da Costa da Morte?

-Polos que son socialistas e se senten socialisas, evidentemente. O que pasa é que me temo que é unha pregunta con trampa, he, he.

-Non exactamente, pero debe de referirse ao caso de Vimianzo, claro.

-Un dato. A semana pasada designamos á portavoz da delegación única da Costa Morte para o congreso desta fin de semana en Pontevedra. Fun elixida eu por unanimidade por todos os delegados, excepto os de Vimianzo, elixidos onte á noite.

-¿Que tal con Alejandro?

-Pois todo o que está pasando é un asunto bastante triste e desagradable.

-¿Non lle dá algo de pena, tras tantos anos xuntos no partido?

-Evidentemente. Estas cousas nunca son agradables. Non coñezo ningún caso de divorcio que non cause sufrimento, aínda que non sexa o mesmo caso. O noso partido ten unhas normas. Se non nos respectamos a nós mesmos, ninguén nos vai respectar. Hai un expediente, estase tramitando e calquera militante ten os mecanismos para defenderse.