Hai máis que misas

La Voz

CARBALLO

A relixión é a que manda en Fisterra durante a Semana Santa, pero hai máis maneiras de ver a festa. Como sempre, dende o sábado e ata o luns, na zona portuaria, haberá música e atraccións. O sábado estarán O Rumbo de Sardiñeiro, a Charanga mecánica, Sintonía, Galilea e unha discoteca móbil. O domingo, Fania e Filadelfia, e o luns, Olympus e Nova Palma. Tamén haberá un festival infantil.