28 abr 2008 . Actualizado a las 02:00 h.
O Concello de A Laracha celebrará este ano o Día das Letras Galegas cun concurso de microrrelatos, ao que destinou 375 euros para premios (200 para o primeiro, 100 para o segundo e 75 para o terceiro) e varios lotes de libros. Os textos deben ser orixinais, en galego, estar relacionados co municipio e non exceder as 130 palabras de extensión. O prazo para presentalos, no rexistro central do Concello, permanecerá aberto ata o 30 de maio.