Concursos, charlas e actuacións teatrais formaron parte das programacións

La Voz

CARBALLO

Tanto os concellos como os centros educativos da comarca deseñaron amplos programas de actividades con motivo da celebración do Día do Libro. Así, e a pesar de que onte foi o día forte, os veciños levan dende principios da semana tomando parte en actividades culturais. Na capital, os centros educativos participaron de forma moi intensa na Semana do Libro, que promoveu o Concello en colaboración coa Xunta.

Así, Carballo é a terceira vila de Galicia que acolle esta actividade, despois de Oleiros e Viveiro. Nela, alumnos e profesores participaron en numerosas iniciativas: obradoiros de expresión teatral, contacontos, exposicións e, incluso, concertos.

Centros escolares

Pero non foi o único lugar onde se deu homenaxe á lectura. Na maior parte dos colexios e institutos da comarca, os estudantes celebraron a xornada. Nalgúns centros de secundaria houbo maratóns de lectura e os alumnos mergulláronse en obras de gran tradición como é o caso do Quijote.

En Cerceda houbo un concurso literario onde participaron todos os centros educativos do municipio.

Foi unha xornada emotiva onde non faltaron as representacións artísticas.