Ponteceso énchese de orgullo no centenario do Himno Galego

La Voz

CARBALLO

Ponteceso comprometeuse coa celebración do centenario do Himno Galego. A súa interpretación reuniu onte á Banda de Música Municipal, que leva o nome do bardo; aos veciños, que entonaron os versos de Os Pinos , e mesmo ao vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, que aproveitou a visita para coñecer a futura sede da Fundación Eduardo Pondal en Cospindo. » L4