21 dic 2007 . Actualizado a las 02:00 h.
Ponteceso foi a capital do centenario do Himno, un acontecemento que os partidos políticos conmemoraron cada un pola súa banda, como, por outro lado, xa teñen acostumada á cidadanía. Aínda así, Pondal non podía quedar sen unha homenaxe nunha xornada tan significativa e a vila estivo á altura dunha data tan significativa. O espírito do bardo segue vivo.