«Quen debe valorar son os veciños»

La Voz

CARBALLO

06 oct 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Alfredo Cañizo é novato no grupo de goberno, pero non por iso se mostra menos activo. «Levo moitas concellerías que antes estaban repartidas e en todas estou traballando moito». O principal problema ao que se enfronta «é o do tráfico. Malpica ten deficiencias nese campo. Por iso estamos pintando algunhas rúas e cambiando o sentido doutras. A intención é acadar unha ordenación municipal completa, algo moi complexo».

Cañizo tamén leva outros asuntos como a pesca ou o turismo e en todos está tendo iniciativas aínda que considera que «quen debe valorar o traballo son os veciños», para el é demasiado cedo.