Pet Posse é un namorado das paisaxes: a de Castroverde, de interior, e a de Ponteceso, costeira. - ¿Que pode avanzar da novela que vai presentar ao Premio Planeta? -Desenvólvese nun pobo de Girona que se chama Casa de la Selva, non é un sitio imaxinario, é un pobo da capital do corcho. Alí hai un home solteiro de 40 anos que vive coa súa nai e nunca tivo relacións sexuais nin amorosas cunha muller, coñece a unha muller e quérese casar con ela. Entón é a vida amorosa deste personaxe cunha cubana. É unha traxedia porque é demasiada muller para el e o final sepáranse e el queda un pouco abandonado. Ten un final moi aberto. -¿Cal é o título do libro? - Alias el Chispa . Pode dar a impresión que é unha novela da vida dun mafioso, pero non. O título vén dos electricistas, que en Cataluña chámanlles así. -Acaba de xubilarse e supoño que terá máis tempo para escribir, pero ¿que recuncho gardaría da Costa da Morte? -A zona que vai dende Ponteceso ata Canduas, aquilo é marabilloso. -Vai pasar máis tempo libre, esperamos que esta zona lle sirva de inspiración e podamos ler un novo libro seu inspirado nela. -Estou escribindo unha novela, chamada O Náufrago , que é a historia dun supervivente escocés. Conta os seus avatares por as zonas de Camelle e de Muxía.