«A xente está contenta de que me presente»

La Voz S. G. | CARBALLO

CARBALLO

Entrevista | Manuel Valeriano Alonso de León, «Pichurri»

24 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

?ese a que é un veterano na militancia e no activismo político socialista, é a primeira vez que Alonso dá a cara como cabeza de lista. Nestes días, coma todos, cun intenso traballo porta a porta. -Espléndidas, creo que gañaremos con maioría absoluta. -¿Que lle di a xente? -A xente está contenta de que me presente. Sei o que pasa, o que necesita o Concello, porque o coñezo ben. Algúns dinme que, se poidesen, dábanme catro ou cinco votos en vez dun. Unha gran maioría está contenta de que me presente. -¿Que opina dos seus dous contrincantes? -Ao do BNG non o coñecía. Sei que é bo rapaz, dunha familia de Camelle normal, traballadora... Politicamente, non o coñezo. En canto ao candidato do PP, xa leva catro anos de concelleiro e deixa moito que desexar. Nunca fixo nada construtivo, todo destrutivo, e non é que o diga eu. Fala sempre de corrupción, debe de estar moi acostumado a falar dela, góstalle o xogo suxo, os xulgados... A xente de Camariñas sabe que son tonterías. -¿Estase referindo á impugnación xudicial da lista? Neste xornal, Rego dixo que non tivo nada que ver. -¡Vaia se tivo! Estou seguro. de que o sabía e que o autorizou. El é o que en Camariñas se chama un trampo . Dende a denuncia, en seis días non saiu á prensa para dicir nada, que el non fora. A dicir: «se non pode presentarse o PSOE, eu tampouco o fago». E iso que o PSOE non denunciou nada, nin entra neste xogos, pese a que a lista do PP está mal, nin coñecen a lei. Sei que, a nivel local, está detrás da denuncia. Porque, se non fose así, ¿que pinta no Concello? Se o PSOE chegase a facer o que fixo o PP sen dicirme a min nada, eu non sería candidato. Se a el lle fixeran iso, tiña que dimitir inmediatamente.