Teatro para todos

La Voz

CARBALLO

O ciclo Circuíto en Familia 2007 organizado polo Concello de A Laracha e a Consellería de Cultura péchase esta tarde cunha última representación pensada para pais e fillos. Os integrantes de Os 7 magníficos recuperan en O gordo e o calvo van ao médico algúns elementos do humor e o circo para achegarse ao mundo dos doutores desde un punto de vista cómico.