«Temos o equipo para ser un goberno con decisión»

La Voz

CARBALLO

MARÍA PILAR GARCÍA SOUTO NÚMERO 5 DE TERRA GALEGA

01 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Nacín en Leiloio (Malpica), pero vivo en Carballo fai uns trinta anos, na parroquia de Sísamo. Estou casada e teño dous fillos. Traballo dende fai 35 anos na xestoría Mariño de Carballo como oficial administrativa, encargándome, entre outras xestións, da contabilidade, seguros, atención ao público... Disfruto enormemente deste traballo, que, xunto coa miña familia, son as miñas grandes paixóns. Gústanme a sinxeleza, a humildade e especialmente a sinceridade, e creo na igualdade de oportunidades. ¿Por que estou en política? Cheguei á política fai uns cinco anos, cando me presentaron ao CDI (na actualidade Terra Galega, representado por Manuel Andrade Cristóbal, actual tenente de alcalde de todos os carballeses) e puiden comentar as melloras que se podían facer no Concello de Carballo: a nivel de ensino, desenvolvemento urbanístico... Pensei que eu desexaba loitar por todas elas, poñendo todo o meu esforzo para conseguir a meta desexada: o progreso de todas as parroquias de Carballo. No meu interior sempre desexara cambiar cousas, melloralas, pero non foi ata ese momento que se me presentou a oportunidade, e, tras comprobar a boa xestión existente, as decisións, a organización e a responsabilidade que había nese equipo -e que á vista de todos os cidadáns está-, non o dubidei. Estou plenamente convencida de que temos o equipo para ser un goberno con decisión. Dende aquela formo parte da lista de candidatos por esta formación política, agora co número 5, comprometéndome con todas as miñas forzas a loitar polo progreso de todos.