Noites de monólogos

La Voz

CARBALLO

Humor | Laxe, A Silva e Carballo

11 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

?s amantes do humor teñen esta fin de semana a posibilidade de gozar de ata tres espectáculos nos que as risas están garantidas. A primeira cita será mañá en Laxe, onde se celebrará a primeira sesión do concurso de monólogos organizado polo Concello. O Gran Gari estreará o ciclo someténdose ao xuízo do público da Cervecería. Un día despois, o Pub Non Sei de A Silva comeza os actos de celebración do seu vinte aniversario con varios invitados de luxo. Carlos Blanco, Quico Cadaval e The Magical Brothers subiranse ao escenario dun local xa coñecido por eles e polos afeccionados aos espectáculos en vivo. A oferta pecharase o domingo en Carballo coa segunda velada co cuarto ciclo de monólogos de Paramount Comedy no Pub La Tentación. Sebas El Rayo será o encargado de arrancar as gargalladas dos presentes.