Vinteún anos non son nada

La Voz

CARBALLO

C. SOUTO

El pulso de la Costa da Morte O coro Aires de Bergantiños celebrou o seu aniversario cun concerto, un día despois de que a agrupación Xan Mella de Baio participase nun certame en Lugo

22 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

Os anos seguen pasando, pero o coro Aires de Bergantiños continúa fiel aos seus principios. A recuperación e a difusión da música popular galega son os obxectivos da entidade que preside Pedro Luis Fernández Pombo e que dirixe Julia Cabanelas , que vén de cumprir 21 anos. E celebrouno como sempre, cun concerto no que reuniu algunhas das pezas máis significativas do seu repertorio. Con voces e con instrumentos tradicionais, a agrupación encheu o domingo o auditorio do Pazo da Cultura de Carballo. Un certame con tirón A rebosar estivo tamén a igrexa luguesa de San Pedro, que foi unha das sedes do certame En clave coral, organizado pola Federación Coral Galega (Fecoga) e patrocinado pola Consellería de Cultura e o Igaem. Ata a cidade das murallas viaxaron o sábado os integrantes da agrupación Xan Mella de Baio, que interpretaron cinco temas dirixidos por Tatiana Pankrátova . Xunto a eles actuaron a coral Voces e Cordas de Sobrado do Bispo (Ourense), que abriu o recital cunha excelente interpretación, e despois da baiesa tocoulle á anfitriona, a Coral do Hospital Xeral de Calde, que xogaba na casa e iso notouse entre o público. Como remate da xornada, unha cea que se prolongou ata altas horas e na que tampouco faltou a música. Sen folgos chegaron a Corcoesto (Cabana) os participantes na ruta a pé organizada pola agrupación Senda Nova a semana pasada. Foron 17 quilómetros de percorrido pola beira do Anllóns, despois dunha primeira parada na igrexa de Sísamo e no pazo do Souto, e dunha animada comida en Verdes. O presidente da entidade, José Manuel Menéndez , xa está pensando na próxima saída. Libros para todos E onte estivo en Radio Voz a presidenta da ANPA do instituto Alfredo Brañas de Carballo. Isabel Ramos Palleiro fixo un chamamento á solidariedade dos vecinos para conseguir os libros de texto que precisan un grupo de rapaces de primeiro de ESO, todos eles pertencentes a familias con poucos recursos. Seguro que chegan a moreas.