Risas para despedir a semana

La Voz

CARBALLO

Humor | La Tentación e D'Antón

17 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

? humor estará garantido esta fin de semana en Bergantiños coa coincidencia de dúas citas capaces de facer as delicias dos amantes da risa. En A Laracha, o Pub D'Antón porá o punto final ao seu xa tradicional concurso de monólogos coa celebración da gran final do certame. Marta Lado e Dani -que conseguiron o seu pase a esta rolda o día 7- e Silvia Muñiz e Francisco Campos -que fixeron o propio o domingo pasado tras quedar por diante de Pedro Brandariz no favor do público- serán os catro contendentes que tentarán facerse con algún dos premios que concederá o xurado formado para esta ocasión. Na velada tampouco faltará un toque de humor extra coa presenza de Ricardo de Barreiro, que tras visitar con éxito o local de Antón Pereira en novembro, se encargará esta vez de presentar, conducir e animar o concurso. A outra alternativa humorística para este domingo terá lugar en La Tentación, o local carballés de Javito, onde un novo representante da canle televisiva Paramount Comedy tratará de contaxiar as gargalladas entre todo o público presente. Nesta ocasión será Miguel Lago -un cómico vigués que deu os seus primeiros pasos na TVG da man de Gayoso e o seu Luar- quen tome o relevo de Ramón Guamá e Álvaro Carrero.