TRIBUNA ABERTA | O |
13 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.Que teña que aguantar as calumnias quen non ten outro modo de tapar as súas moitas vergoñas, pase, porque non insulta quen quere, se non quen pode, e vindo dunha das persoas máis desprezadas de Fisterra aínda me preocupa menos, o que non soporto é que se trate de parvos aos fisterráns, querendo facerlles ver cousas que non son. Calquera fisterrán con dous dedos de fronte, que somos case todos, saberá que Boullosa non só non moverá un dedo para traer nada para Fisterra mentres goberne o PP, senón que porá todo os atrancos posibles para facer fracasar o desenvolvemento deste municipio. Ben é certo tamén que afortunadamente ten tan pouco peso arriba como se demostrou nos orzamentos para o saneamento e o porto de Sardiñeiro. Ahora vén a presumir das xestións para a reposición da estrada ao faro, que por suposto non fixo, porque xa estaban comprometidas antes do verán, proba dilo é que existía un compromiso previo de mantemento polo Concello ata a reparación definitiva, por iso reparamos os baches en Semana Santa e o verán, por iso sabemos que vai ir presumindo das inversións que se vaian facendo no que resta de mandato, mal que lle pese e soportando os atrancos que porá. Ter a desfachatez de apropiarse da obra da depuradora, para a que se atreve a decir que xestinou 1,2 millóns de euros, e que tivemos que ler abraiados como a principios de maio nestas mesmas páxinas o PSOE de Fisterra (el) íase poñer en contacto con Adega e Greenpeace para que frearan semellante desfeita medioambiental, e uns días despois publicaba que dous enxeñeiros consultados por él declaraban que o proxecto era inviable. O colmo xa foi que tivemos que oír nesas mesmas datas que antes que se fixera esa depuradora no Mar de Fóra había que pasar por enriba do seu cadáver, e que xa o tiña falado con Pachi. Ao final, vivir para ver, que nos está apremiando na prensa para a entrega deses terreos en Mar de Fora que ían ser un pelotazo dunha concelleira que había votado a favor do proxecto nesas fincas que finalmente non lle afectan e que están comunicados hai semanas á Xunta, ou o saneamento da Anchoa que lle comunicaron que se adxudicara a unha empresa que nin era a que él publicou e que cando lle avisaron das altas instancias xa levaba tres semanas traballando na obra. Grazas que nas outras Administracións donde governa o PSOE non o poden ver.