¿Qué pide al 2007 para su concello?

La Voz

CARBALLO

08 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

www.lavozdegalicia.es/ed_bergantinos Cabana, unha vergoña Ao meu Concello pídolle que termine dunha vez coa especulación urbanística que comezou non hai moito e que todos vemos dende lonxe, todos menos os que a teñen que ver para frenala... Eses chalés a pé de praia, un apartahotel case no mar, un paseo marítimo que ten coma único interese o de ampliar o solo unbanizable... E todo nunha ría que é reserva de especies. Unha vergoña. Manoel.? A Costa da Morte tamén existe Tal e como estamos, deberiamos pedir un goberno con capacidade de decisión. O PP xa estivo un montón de anos e demostrou o que é capaz de facer: Nada. O BNG está mais preocupado de quedar ben cos da Xunta que con nós. E do PSOE, en fin, nin so nin arre. Deámoslle a oportunidade de gobernar a quen ten ideas e é capaz de levalas adiante sen o atranco dos seus socios. Pido a Andrade para alcalde, e un bo resultado nas municipais para Terra Galega, e a ver se así na Xunta se acordan de que a Costa da Morte tamén existe. J. Cabana.? Cambios positivos Alucino ao ver que o señor Andrade ten tantos adeptos. Non sei que terá que facer para que a xente vexa quen é. Eu pídolle ó novo ano perdelo de vista, que non teña sitio na política de Carballo, que entre quen entre saiba facer de Carballo un pobo de progreso, de benestar, que mellore a política social, en fin, unha utopía. Cuca Pereira. Rollos pataqueiros Yo también le pido al 2007 un hospital, una ambulancia medicalizada, que el ambulatorio funcione, un carril-bici, un puerto deportivo en Razo, un campo de golf, que no dejen seguir construyendo ilegalmente, transparencia en las oposiciones..., y como todo esto es incapaz de hacerlo este gobierno a tres, pido que se vayan por ineficaces. Podían llevarse los Magos a toda la corporación y así dejarían de tirar nuestro dinero en campañas de normalización lingüística. Aquí de lengua, de lingua, de rollos y de gallego andamos bien. Eso sí, no me importaría, como genialmente dice Luis Ventoso en La Voz, que nuestro alcalde fuese nombrado conselleiro del BNG para la BNG (Boneca Normativa Galega). Así matábamos dos pájaros de un tiro: Carballo se libraba de un alcalde inoperante y la boneca galego parlanchina seguiría la misma suerte que los proyectos de este político, rien de rien. Luis Pardiñas.