O Plan de Seguridade Viaria chegará a toda a rede galega

La Voz

CARBALLO

CASAL

A recta de Ogas, cunha densidade de tráfico de 6.000 vehículos ao día, vai ser urbanizada A Xunta prevé un investimento de 2.800 millóns de euros nos vindeiros catro anos co obxectivo de reducir nun 40% o número de vítimas en accidentes de tráfico

30 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

G.?P. Un total de 12.365 persoas morreron nos últimos vinte e cinco anos nas estradas galegas. A Xunta quere contrarrestar esta situación, e para iso vai poñer en marcha o Plan de Seguridade Viaria 2006-2010, que prevé un investimento de máis de 2.800 millóns de euros. Con el, o goberno galego pretende reducir nun 40% o número de vítimas en accidentes de tráfico e diminuír a gravidade dos mesmos. Aínda que o Plan prevé actuacións ata o ano 2010, o vindeiro 2007 vai concretar varias obras no entorno de Santiago. Na vía AC 841, que une á capital con A Estrada, investiranse 2,6 millóns de euros para mellorar a seguridade viaria. Será no treito de A Ramallosa (Teo), no tramo entre Castiñeiriño e Os Tilos e entre este e A Ramallosa. Este último é un dos 22 tramos de maior concentración de accidentes nos que Política Territorial ten previsto actuar o próximo ano. As estradas da comarca de Santiago recibirán en 2007 máis de 3 millóns de euros en reforzos de firme e outras actuacións de seguridade viaria e de reparación e mellora do pavimento, que afectarán a diferentes puntos quilométricos das estradas AC-300 (Os Ánxeles-Picaraña), AC-544 (Bertamiráns-Negreira), AC-461 (Sigüeiro-Estación de Oroso), AC-460 (Deixebre-Estación de Trasmonte) e AC-462 (Marantes - Estación de Berdía). No concello de Negreira comezarán as obras de mellora noutras dúas vías. Acondicionarase a estrada AC-444 no tramo entre A Baña e Failde con 1.420.000 euros. A mellora da estrada terá un custo total de 5,2 millóns de euros. No concello de Melide, previse un repintado da AC-840 ao seu paso polo núcleo urbano. A obra incluirá a colocación dun semáforo na intersección coa estrada que se dirixe a Toques. En Arzúa, efectuaranse unha serie de melloras nas súas infraestruturas viarias. Serán nas vías que conectan a vila con Padrón e Vila de Cruces. No que se refire á conexión con Padrón, están previstas dúas actuacións de relevancia: a mellora da AC-240 entre Fonte Díez e Ponte Ulla, que completa os traballos realizados no treito entre Burres e Fonte Díaz, e o acondicionamento da AC-242, que conecta Pontevea con Padrón. Cando finalicen, todos os tramos entre Arzúa e Padrón estarán en condicións similares. No eixo Arzúa - Vila de Cruces, a Xunta investirá 3 millóns de euros para acondicionar a estrada AC-905, que une a localidade arzuana con Portodemouros. Todas as consellerías O investimento total inclúe actuacións xa previstas, como o Plan de Transporte Metropolitano ou os distintos programas de reparación e conservación de estradas. Do orzamento dous terzos irán destinados a construción de vías de alta capacidade. A conselleira de Política Territorial, María José Caride, defendeu o Plan de Seguridade Viaria no Parlamento galego o 12 de decembro, pero nel se implican todos os departamentos da Xunta. Foi a propia Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte a que elaborou o proxecto, que intenta ter en conta as particularidades propias de Galicia pero non deixa de seguir as pautas marcadas pola Unión Europea e a Dirección General de Tráfico (DGT). Cada departamento elaborou un informe coas súas iniciativas, o financiamento necesario e os prazos de execución. A Xunta considera este Plan como un instrumento esencial no seu camiño para acadar as competencias en materia de seguridade viaria que actualmente exerce o Estado central. Segundo o goberno galego, a transferencia de competencias podería servir para recortar a alta sinistralidade das estradas galegas, que en total suman 5.266 quilómetros de extensión. Nese senso, Política Territorial pretende conseguir a coordinación dos distintos axentes que están relacionados coa seguridade viaria, para poder poñer freo aos accidentes actuando sobre catro factores: as estrada, os automóbiles, as persoas e o control e vixilancia.