El concejal de Emprego anuncia un próximo obradoiro y la solicitud de la quinta escuela taller Manuel Trigo y Alberto Sueiro expresaron sus discrepancias en RadioVoz
21 feb 2006 . Actualizado a las 06:00 h.El gobierno y la oposición de Carballo se han enzarzado en un nuevo debate sobre la escuela taller, esta vez por la supuesta utilización de los alumnos como «man de obra barata», según denuncia el PP, por la intención del ejecutivo de que realicen las obras de urbanización de una acera en la calle Girona. El concejal de Emprego, el socialista Manuel Trigo, y el portavoz popular, Alberto Sueiro, expresaron sus discrepancias en RadioVoz. s? Alberto Sueiro: «O realmente importante é o programa formativo dos rapaces, e o prestixio que Carballo tiña nesta materia estase a dilapidar poñendo aos rapaces a arranxar rúas. Eu creo que o Concello, e principalmente o alcalde, ten que aclarar moi ben este asunto, porque foi el o que dixo que o programa formativo se estaba cumprindo». Manuel Trigo: «Non entendo como se pode dicir unha barbaridade deste tipo. E máis cando isto non é novo, porque escolas taller houbo tres, e os rapaces da escola taller fan prácticas en obras públicas do pobo, como fixeron toda a vida». a? Alberto Sueiro: «A xestión da escola taller é un absoluto desastre desde o principio, cunha utilización política do tema que se centrou no desgaste do anterior Goberno da Xunta». Manuel Trigo: «A escola taller xa naceu como naceu, totalmente estropeada polo PP no seu día, que non deu nin a terceira parte do presuposto que se pedía. Estamos facendo auténticas virguerías desde o Concello para levar a cabo un proxecto impresionante para Carballo, e agora imos ter a sorte ademais de poder solucionar mellor porque é probable que consigamos un obradoiro para maiores de 25 anos, e ademais imos intentar que veña a quinta escola taller. Xa estamos coa xestión, xa temos os proxectos practicamente rematados e estamos pendentes de que se abran os prazos para solicitalos». a? Alberto Sueiro: «Vemos con tristura e preocupación como se está utilizando dunha maneira case canallesca. Parécenos incrible que un patrimonio como ese se estea dilapidando facendo favores aos concelleiros e utilizando aos alumnos da escola taller. Por certo, o proxecto foi concedido a dedo a uns amigos do alcalde». Manuel Trigo: «Iso é unha barbaridade que non merece comentario. As beirarrúas non son un favor a ningún concelleiro, as melloras que se fan son para a colectividade de Carballo. Isto é o colmo».