Lumes

HARRY DORIAL

CARBALLO

ARA SOLIS | O |

15 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

SEGUEN, E seguen, e seguirán. Non hai ano sen lume nos montes, e como ultimamente seica tampoco se nos escapa un sen sequía, como isto vaia así algúns deles axiña se van a parecer ás chairas de Zamora. Case non lembro un punto importante da Costa da Morte que, nos derradeiros quince anos, non fose asolado polas lapas en algún momento, ou polo menos que lle andivesen preto. Xa sabemos que é un mal endémico en España, froito de xente sen sangue nas veas, agravado por políticas forestais que moitas veces foron superadas. Aínda así, hai cousas que fan pensar. Nunha das mellores zonas, e desde logo máis turísticas, de Asturias oriental, con moitos e bos montes, comentaban o pasado mes que non lembraban un lume grande en moito tempo. Por esas mesmas datas -casualidade- saiu a mesma conversa nunha parte de Gredos, preto do parador. Son lugares de grande interese ambiental e paisaxístico e hai unhas políticas de prevención e reacción que, polo que se ve, funcionan, e sen dúbida é certo que o fan despois de sufrir a lacra moitas veces. A Costa da Morte é tamén un lugar moi sensible desde todos os parámetros opinables. ¿Non haberá maneira de que isto cambie? Empezando pola conciencia duns cantos.