Vidas

VICENTE DE LEMA

CARBALLO

ARA SOLIS | O |

20 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

NA COSTA da Morte hai persoas que podían ter biografías de novela. Xentes que percorreron o mundo para levar un peso ao peto. Lémbrome dun amigo que daba un bo estudante, incluso lle derán algún diploma, pero un profesor de latín rompeulle a autoestima a trompadas por culpa das confusións entre o xenitivo e o dativo. Ao deixar as aulas tivo que poñer o mono de axudante de albanel, amasar cemento e carretar baldes polas obras. O paga non era tal, era unha gratificación. Sentíase como un mulo de carga. Aos dezasete anos decidiu deixar a construción e botarse ao mar. Súa nai non lle deixaba, pero andivo e andivo ata que convenceu ao seu pai para que o deixase ir polo mundo adiante. E alá foi, despois dunhas cachetadas maternas. Nada máis embarcar xa as tivo que ver cunha fragata portuguesa en plena revolución dos claveis. Cando lle deron as súas primeiras vacacións choraba porque temía que non poidese subir ao barco de novo. Houbo moitos peiraos, moitas cidades, a independencia de Mozambique, a de Angola. A vida foille enchendo a cara de enrrugas e a memoría de feitos inesquencibles, como cando tiraron ao mar 100 toneladas de azucre. Agora conténtase con ler as aventuras de Alatriste.