O burro

VICENTE DE LEMA

CARBALLO

SARA SOLIS | O |

19 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

O ANTROIDO é unha das celebracións máis divertidas do ano. A xente disfrázase, organiza comparsas e fai cousas que noutras datas no ano non faría. Aínda así, agora hai moito colorido e o que prima é máis a estética cao contido. Anos atrás, o carnaval era aproveitado para criticar con saña ao poder social, relixioso e político. En Fisterra é donde se conserva en parte este espírito. Sempre foi o antroido máis grande da Costa da Morte. Lástima que o Fogar do Pensionista xa non faga aqueles enterros da sardiña onde había quen, literalmente, se mexaba coa risa. Ou a queima do polvo, no que a comitiva levaba detrás unha auténtica multitude mentres ían debullando coplas ferintes para uns e para outros. Nunha ocasión, o alcalde Valentín Castreje institutiu o Centulo de Barro para quen consideraba o antroido número un. Este honor só lle cabe ao ex rexedor Carrillo Ugarte, que daquela estaba na oposición. Deberían conceder de novo aquel galardón ficticio, pero moi celebrado. E podería ser o propio mandatario, nas facultades que lle da a lei, quen poida dar ese recoñecemento anual. Se o fai con graza, seguro que sería moi celebrado pola poboación. Volvendo ao que se facía noutros tempos, un veciño da miña aldea contábame onte que, cando era el mozo (alá polos primeiros anos sesenta), el e máis outros coma el, marcháronlle co burro a un aragonés que había en Laxe que andaba arranxando potas, paraugas, cribos e outros utensilios. Ía polas portas do mundo. O animal levárono para correr o antroido por outras aldeas e parroquias. Tardaron tres días en volver co asno e dono adoecía. Seica lle deron filloas moi quentes e o equino enfermou de gravidade. Grazas a un veterinario poideron salvalo. O broma houbo de saírlles cara.