«Os prezos seguirán subindo»

La Voz S. G. | CARBALLO

CARBALLO

Entrevista | Ramón Cousillas García

04 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

?amón Cousillas coñeceu de preto o bum inmobiliario de Carballo na última década. Leva doce anos no oficio e recorda que hai catro xa aventuraba que os prezos ían subir moito. -Moitísima, e en diversos aspectos. Por exemplo, antes a maioría da xente pagaba en man, e agora case todos van á hipoteca. Ten moito que ver que hai menos emigrantes que volven e compran. Agora, merca xente nova, preparada, con bos postos de traballo, e máis arriscada. Ademais, o salto cualitativo foi moi alto. Os pisos de agora son de moita mellor calidade. E hai moita xente buscando, moita. -Os prezos subiron moito. ¿Vostede imaxinábao? -Si, eu xa o dicía hai catro anos, sobre todo pola aplicación dunha nova lei moi restrictiva co seguro que obrigaba a importantes melloras. E caras. Penso que os prezos seguirán subindo, aínda que non de xeito tan forte. Espero que se vaia estabilizando todo co plano xeral, que é o que fará un Carballo bonito e organizado. Pero para os prezos hai que ter en conta máis factores: os solares suben, o ferro tamén... Moitas cousas. -¿Atrévese a dicir o que custa un piso tipo? -Xa digo que é moi variable, depende dos metros, da zona, da calidade. Aínda así, un de 90 metros, con garaxe, sen ive e sen escriturar, anda polos 90.000 euros. -¿Como valora que en Carballo se constrúan tantas casas? -Facer tantas vivendas onde non hai postos de traballo podería ser un fracaso. Sen embargo, Carballo está ben comunicado, esa é a sorte. Coa autopista, aquí pode vivir xente que traballe na Coruña, porque estamos a un paso. Vamos cara a cidade dormitorio. -¿Hai mercado da vivenda usada? -¡Vaia se a hai! Véndese máis que a nova, se me apuran. Hai moitos clientes que se cegan se levan cortinas, a cociña, mobles empotrados. E polo mesmo prezo ou menor, ten un novo. Pero cada un é como é.