RADIOGRAFÍAS | O |
30 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.ESTÁ A debate a programación televisiva. Cada vez son máis as voces que opinan que a pequena pantalla nos está a levar á estupidez colectiva a base de reality show e petardeo vario.? Nos últimos anos pasouse a ter como principal referenza informativa a esas tertulias de xornalistas doutorados en tetas de silicona e pelos púbicos. A suba do petróleo, a guerra no Iraq, o conflito palestino-israelí ou a futura articulación do Estado pasan a un segundo plano cando sabemos que Fran Rivera e Carlita Goyanes xa non comparten niño de amor. Porque a vida converteuse nunha enorme telenovela na que todos estamos implicados. Non importa que un traballe once horas ao día, que teña un contrato precario ou que a única programación cultural estable na zona sexa a de Semana Santa. Todo iso é irremediable. O que realmente nos deprime (ou quizais nos faga felices) é que os famosos tamén choren, rían, salten de cama en cama, teñan serios problemas nas fosas nasais, citacións nos xulgados e vodas exóticas. A vida nos estudios de gravación é se se raña de cor rosa pálida, aínda así é máis divertida que os documentos da hipoteca que gardamos humedecidos na mesiña de noite...