RADIOGRAFÍAS | O |
21 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.É CERTO que as vías de comunicación son unha ferramenta imprescindible para o progreso. A estrada Ordes-Carballo, a nova Carballo-Fisterra e outras actuacións para enlazar os municipios da zona, favorecen o asentamento da poboación e máis a creación de empresas. Boa parte do atraso que a Costa da Morte sufriu nas últimas tres décadas foi a consecuencia da demora continua das Administracións á hora de acometer proxectos deste tipo. Sen embargo, sería dunha inxenuidade supina crer que as infraestructuras viarias son un fin en si mesmo. Moi pola contra, son exclusivamente unha ferramenta. As políticas de desenvolvemento deben contar con outros condicionantes de peso. Non debemos de esquencer a importancia da formación e da cultura, non só nos máis pequenos, tamén nos que xa deixaron (deixamos) hai anos os centros educativos. O progreso ou é racional ou non é progreso, porén é fundamental saber e comprender de onde vimos para poder decidir a onde nos encaramos. Hai que esquencer a política destructora do inmediato e repensar estratexias que consigan iso que tamén se chama desenvolvemento sostido. O contrario é camiñar vendados, escornándomonos uns aos outros coma carneiros.