«Os portátiles poderían chegar a substituir ós libros de texto»

CARBALLO

CASAL

Entrevista | Celso Currás

31 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

Hai pouco máis de dúas semanas o Ministerio de Educación púxose en contacto coa consellería que dirixe Celso Currás para pedirlle que buscase un centro de Educación Primaria en Galicia. Tratabase de elixir un colexio para informatizalo dos pes á cabeza e observar os resultados. Outro centro, este de secundaria e FP, xa está informatizado en Ribadeo. En toda Galicia non hai ningún máis. - ¿Por que decidiu que fose Cee o lugar indicado? -Non quería que os dous estiveran na mesma provincia e quería centro prototipo. Cee era unha zona que pasou o ano pasado por momentos difíciles, queda lonxe, na Costa da Morte, é un centro antigo e ninguén ten grandes coñecementos de informática. Era o que buscabamos. -¿É a informática o futuro da educación? -De feito xa está presente, e en Galicia cunha ratio ordenadores-alumnos superior a española. Un dos grandes males do sistema educativo é o peso dos libros. Os nenos van cargados con bolsas que lles poden dar problemas lumbares. Os ordenadores portátiles poderían chegar a substituir ós libros de texto, tendo un disco duro con contidos especiales. O mesmo que temos un programa para dar libros de texto gratis, poderíamos dar tamén ordenadores portátiles. Non o vexo como un futuro moi lonxano.