O Nadal

La Voz

CARBALLO

15 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

O NADAL é a época do ano na que a familia se xunta para pasar unhas boas festas. A familia de Pepiño era moi grande, e polo Nadal xuntábanse todos na casa dos avós. Pepiño era un neno de sete anos, moi saltariqueiro e pillabán. Para el, os seus avós eran como deuses. Desde pequeno déronlle todo o que quixo, era o ollo dereito do avó e o meniño da avoa. O neno vía o Nadal como unha festa moi bonita porque non tiña escola, podía xogar todo o que quixese e ademais sabía que era o tempo de agasallos, Papá Noel estaba á porque e había que ser moi, moi... bo. Empezaba o Nadal e había que poñer a árbore cos seus colgarexos. A familia estaba toda reunida e, como tódolos anos, empezaban as discusións de «¡Eu fago esto!», «Non, fágoo eu!... E ó final ninguén facía nada. Tódolos familiares de Pepiño andaban estresados e non disfrutaban do Nadal, só estaban alí por rutina. Os avós notaban isto, pero, como tiñan ó seu neto con eles, olvidábanse dos demais. Eles facíanlle ver ó seu neto o verdadeiro significado do Nadal para que disfrutase e soubese que os agasallos son moi bonitos, pero esas festas son algo máis que regalos. Chegou o día do Papá Noel e Pepiño recibiu moitos agasallos, tantos que non sabía con qué xogar. Por iso, falando coa súa avoa, decidiu que ía regalarlle algúns xoguetes ós nenos dun orfanato que estaba cerca. Fixo moitos amigos alí, e cada un esperaba con ledicia volver ó pobo para ver ós avós e ós seus novos amigos. A Pepiño xa non lle importaban tanto os regalos, gustáballe recibilos, pero non era tan pedichón porque sabía que había nenos que non tiñan ningún. Alesandro Rodríguez Rodríguez. Alumno de terceiro curso do colexio As Revoltas de Cabana de Bergantiños. Clasificado no décimo lugar no concurso de «Contos de Nadal» organizado polo Centro Comarcal de Bergantiños e La Voz de Galicia. Dirección: Gran Vía, 84-1º. Correo-e: redac.carballo@lavoz.es