«O plan de dinamización da Costa da Morte está en marcha»

La Voz S. G. | CARBALLO

CARBALLO

Entrevista | Carlos López Crespo

10 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

O vicepresidente da Deputación da Coruña e responsable da área de Cultura (tamén é alcalde de Outes e secretario xeral do PP provincial) asegura que, ademais da promoción da bisbarra que realiza a Xunta, Neria e os distintos concellos, o plan de dinamización da Costa da Morte será peza fundamental para acadar un desenvolvemento da bisbarra. -Penso que ben, as expectativas creadas son moi boas. Parte importante e fundamental é o plan dinamizador, no que participa o Goberno central, a Xunta, a Deputación a dazasete concellos da zona. E, a estas alturas, o plan de dinamización da Costa da Morte está en marcha. Temos aberto o proceso para a contratación dun xerente neste mesmo ano. E, co risco a errar, xa que é un tema, o turismo, que leva directamente Juan Blanco, penso que se puxeron en riba da mesa 210 millóns de euros para tódalas anualidades e repartidos entre as tres administracións. -¿Pensa, como dixo fai meses o conselleiro Pérez Varela, que se van triplicar os turistas na Costa da Morte? -Haberá moitos, porque se fai promoción nacional e internacional, pero o problema, penso, é que non hai infraestructuras hoteleiras suficientes para toda a demanda. -¿Que opina de Neria? -É unha asociación fundamental, que leva traballando moitos anos de forma seria e está moi integrada na zona. -A Deputación cambiará de goberno axiña. ¿Cre que lle afectará? -En absoluto. Salvador Fernández Moreda é un home con sensibilidade e seguro que apoiará a Neria.