«Temos un curso para formar no coidado de nenos»

Chus Méndez CARBALLO

CARBALLO

Género | Esther Rodríguez O Concello de Carballo presenta hoxe os cursos de formación incluidos no programa Insertamos que promove a Deputación con fondos da UE

01 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

? concelleira Esther Rodríguez acompañará ó alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, nun acto no que se dará a coñecer este novo programa. -¿Cómo xurde Insertamos? -Lánzao a Deputación en colaboración cos concellos, e no que Carballo foi elixido unha sede. O Insertamos ven sendo a continuación do programa Inserta que se realizou o ano pasado con moito éxito. -¿A quen vai dirixido? -A mulleres e homes a partir de 18 anos e consiste nun curso de 625 horas -325 teóricas e 300 prácticas-homologado pola Deputación e no ámbito europeo e financiado con fondos da UE. -¿En qué consiste? -Temos un curso para formar no coidado de persoas dependentes, neste caso de nenos. A especialidade que se lle concedeu a Carballo é a de nenos, que foi a que solicitamos porque contamos con que as fases de prácticas se realicen na gardería municipal. A pena do curso é que son moi pouquiñas prazas, só quince, e hai uns perfís preferentes: persoas que estean en situación de paro, que teñan máis dificultades a nivel de inserción sociolaboral. -¿Cando comezará? -En principio, o 12 de setembro. O que pasa é que houbo un problemiña de datas. Tiña que haber empezado hai xa tempo o prazo de inscripción, pero xa se sabe que o mes de agosto é terrible para certas cousas. -¿En que outros proxetos está a traballar na actualidade? -Estamos barallando abrir unha línea de canguraxe municipal a maiores do que é a gardería municipal. Concello de Carballo. 12.00 horas.