«Nós non saímos da Mostra»

Helena Martínez CARBALLO

CARBALLO

Entrevista | Begoña Gómez

11 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

A asociación que preside Begoña Gómez organizou no marco da Mostra de Buño, a sexta edición do Festival de Ruadas de Bergantiños e xa prepara novos actos. -¿COmo saíu o festival? -Como tódolos anos, cumpríronse as expectativas, con moitísima asistencia de público e un gran papel de tódolos participantes. -Ademais das actuacións, houbo algo máis. -Si. Fixemos unha homenaxe a Manuel Pazos, de Muxía, porque é un home que leva vindo a este festival desde a primeira edición. -O programa deste ano foi moi variado. -Procuramos que en tódalas edicións haxa unha representación de tódolos estilos da música popular, con gaita, con pandereta, con xente que baila, etcétera. -¿Rematou xa a a súa participación aquí? -Non. A asociación está colaborando coa Mostra desde o sábado, que acompañamos a un grupo chegado de Portugal. Estivemos o domingo coas ruadas, o venres estarán os gaiteiros na cocedura, e o domingo o grupo de Música e Danza Tradicional Raigañas cerrará a Mostra. Nós non saímos da Mostra.