«A Costa da Morte é moi suxerente para compoñer»

La Voz Mª. J. M. | CARBALLO

CARBALLO

Entrevista | Bieito Romero O grupo folk coruñés actúa esta noite na praza do Concello de Carballo

09 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

?ieito Romero chega a Carballo co seu grupo en plena xira internacional, e gracias ó ciclo As nosas músicas de Caixa Galicia. -Sempre tivo un significado especial para o noso grupo e a nosa música, xa desde o primeiro disco: na portada estaba o reflexo do dolmen de Dombate. Na segunda, o faro do Roncudo, e no terceiro, as dunas de Baldaio. Logo, con Ara Solis , toda esa simboloxía do culto ó sol que tamén se daba pola zona de Bergantiños. Sempre foi unha comarca na que tivemos unha especial ollada, ademais de recoller música por toda a zona. Sempre hai algún tema, título ou suxerencia cara esta terra que nos parece tan interesante e con xente marabillosa. -¿A Costa da Morte é un motivo de inspiración para Luar na Lubre? -Si, sempre, en tódolos discos, ata o último, Espiral , no que temos a peza Costa da Morte , nos serviu de inspiración. É una zona moi próxima para nós. Eu estiven dando clase por aí, por Malpica, e en Zas, que xa é Terra de Soneira, e teño moitas cousas gravadas. A Costa da Morte e moi suxerente para compoñer. -¿Que tal na Carballeira de Zas, once actuaron? -Moi ben, como sempre. Nós non temos palabras para describir os sentimentos que nos provoca tocar aí. Estamos moi ligados a Zas. para nós, tocar alí é un gran pracer e a xente acóllenos dun xeito marabilloso. Se nos coincide con actos noutros lados, intentamos aprazalos para poder acudir á festa, sexa para tocar, sexa como público. É unha especie de peregrinaxe. - Agora ten un programa en Radio Voz Galicia. ¿Que tal a experiencia? -Moi ben. Xa fixera radio noutras emisoras. Neste caso, xurde como colaboración no programa da Biblioteca Galega. Logo propuxeron a posibilidade dun programa propio e eu encantadísimo. Praza de Carballo. 22.30 horas.