Entrevista | Manuel Oliveira, Manolín El veterano entrenador coordina la actividad que reúne a centenares de niños
04 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.Manuel Oliveira, Manolín , para os que saben algo de fútbol na Costa da Morte, é o organizador do Maratón das Estrelas en Cee, o encontro dos amantes do balón máis importante do verán na comarca, sobre todo porque os participantes son rapaces que non pasan dos trece anos. A que empeza hoxe é a séptima edición dun espectáculo que non deixa de medrar. «A primeira vez tiñamos 600 euros -comenta Manolín- e agora xa andamos cun presuposto de 12.000 euros». - ¿Que novidades aporta o maratón con respecto á pasada edición? -Temos outra vez unha grande participación de rapaces de toda a zona, pero o novo é que complementamos o fútbol con outras actividades, como as colchonetas para que xoguen os rapaces, non só os participantes, senón tódolos que queiran, e un obradoiro de acuarela dirixido por Luis Guillermo Guerra. - ¿Cantos equipos participan? -Este ano temos 46 de 23 pobos de toda a zona que vai desde Malpica ata Muros e Negreira. En total son 460 rapaces de entre 6 e 13 ou 14 anos nalgún caso. -¿ Cales disfrutan máis do balón? -Os prebenxamíns son os mellores, porque para eles ver a tanta xente é unha festa, é como se xogasen no Bernabeu, case nin escoitan. Ademais eles non saben nada de técnica e corren detrás do balón sen máis artificio. É moi bonito velos. - ¿Onde se espera unha máxima rivalidad e? -Aquí os clásicos son os partidos entre Fisterra e Cee e tamén entre Cee e Corcubión, o público acéndese con estes partidos. - O público sempre respondeu moi ben no Maratón. -Por aquí pasan ata 3.000 persoas, e sobre todo nas finais, énchese, máis aínda se non é día de praia - ¿Como se organizará o campionato? -Con tantos rapaces, empregaremos o polideportivo do Agra de Raíces e o municipal. O primeiro día, hoxe, os partidos comenzarán en ambas pistas ás dez da mañá, e rematarán as sete sen interrupcións. Mañá, no Agra de Raíces, xogarase ó fútbol de dez da mañá a oito da tarde, e no polideportivo municipal o horario será de nove a once da noite, porque será alí onde se xoguen as finais. Esperamos que a última hora do día as gradas estean cheas de xente de tódalas idades, sobre todo se xogan equipos de gran rivalidade, en calquera das categorías, desde prebenxamín ata infantil.