«Hai máis ciclismo despois de Miguel Indurain»

Eduardo Eiroa Millares
E. Eiroa CEE

CARBALLO

Entrevista | Antonio González Franco O único clube da Costa da Morte valora como unha «iniciativa única» o Día da Bicicleta que se celebrará o domingo

12 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

O Club Ciclista de Cee celebra este ano o seu décimo aniversario. O seu presidente, Antonio González Franco, afronta a segunda década sobre a bici co reto de movilizar ós máis novos para que disfruten do deporte do ciclismo. O clube de Cee ten nove socios federados e uns vintecinco afeccionados a este deporte. Houbo máis, pero o presidente asume o reto de que o ciclismo repunte. Iniciativas como o Día da Bicicleta, que organiza la Voz de Galicia e Radio Voz, son fundamentais - comenta-para que este deporta colla forza entre a xente. -Nos deportes tamén funcionan as modas. Eu, nos anos oitenta, coas grandes figuras, non perdía un partido da NBA, e agora non vexo ningún. Tamén no ciclismo pasa isto. Hoxe en día xa non temos a grandes figuras como Indurain, pero hai máis ciclismo despois de Miguel Indurain. -¿Non lle parece que desde as administracións se despreocupan da promoción do ciclismo? - Xa se sabe que todo o que non sexa fútbol está moi descoidado. Aplaudo iniciativas como que o novo paseo marítimo de Cee teña un carril bici, pero esas accións non chegan. Cando empezamos co clube ciclista tiñamos como meta que mellorasen as estradas; eu xa tiven varios accidentes e é un risco que tes que asumir. -¿Como se valora desde o seu clube a iniciativa do Día da Bicicleta? - Creo que nesa cita cada ano vimos a máis, ademais, trátase da única iniciativa de actividades ciclistas que non xurde de entidades adicadas o ciclismo. A proba que organiza La Voz é un éxito que temos que apuntarnos todos. - ¿Como vai ser a ruta deste ano? - É practicamente igual ó que fixemos no primeiro ano. Iremos ata o Castelo da Ameixenda e voltaremos nun percorrido aproximado de 12 quilómetros. Hai moitas costas que ás veces son un pouco duras para os máis pequenos, pero estamos alí para axudalos e a eles góstalles tamén superarse, un dos obxectivos deste deporte.