RADIOGRAFÍAS | O |
07 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.ERGUEU POLÉMICA a Medalla de Ouro de Galicia concedida a Álvarez Cascos. A metade do país está en contra de que se lle conceda a distinción ao ministro e non lle perdoan o seu máis que discutido papel no Prestige . Pola súa parte hai outros que consideran que o titular de Fomento deixou Galicia comunicadísima e é el o responsable de que veñan as autovías e un AVE en lugar da quica choca que estaba proxectando hai menos dun ano. Incluso Fraga nunha arroutada histórica fala de que non hai outra persoa que puxera no BOE tantos tramos de ferrocarril dende os romanos. Creo que se equivocan os da Xunta. Non semella moral darlle unha medalla a un personaxe que xa se sabía que tiña moitos detractores entre os galegos, incluso entre os conservadores. Unha condecoración deste tipo debe recaer en personas, colectivos ou institucións que teñan un alto grao de recoñecemento de toda a sociedade galega e non só dunha parte dela. Galicia somos todos. Sabíase que o nomeamento de Cascos ía erguer feridas, porque para moitos o ministro pasou a ser aquel paisano cazando mentres un petroleiro afundía na Costa da Morte e os remolcadores estaban na Cochimbamba...Para os milleiros de voluntarios, por suposto, a medalla do olvido.