ÁGORA | O |
31 mar 2003 . Actualizado a las 07:00 h.POUCOS LUGARES de Galicia teñen tan arraigado o sentimento democrático coma na Costa da Morte. Non é chufa. Lean atentamente as entrevistas ós candidatos, daranse conta que gañe quen gañe respirará o concello liberdade e pluralidade. Con esa carga de lecturas, interese polos documentais e polo cine, temos a sorte de contar cunha extraordinaria xeración de políticos que posiblemente non teñan parangón. A cuestión non é trivial: rememoren a historia dos candidatos, fagan o esforzo; moitos deles pasaron nas últimas dúas décadas por tódolos partidos legalmente constituídos na zona. Esto que para moitos é unha proba de chaqueteirismo inmoral e abominable, para min é unha preciosa mostra do incardinado que está o pluralismo nos nosos políticos. ¿Acaso este multipartidismo non é o exemplo, por execelencia, da democracia?