«Buscamos a participación veciñal no Concello»

Elena Silveira
Elena Silveira CARBALLO

CARBALLO

O nacionalista espera conseguir máis concellais polo traballo que leva feito

17 feb 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

?osé Manuel Vázquez Vázquez leva traballando no BNG dende 1985, aínda que se afiliou no 88. Hai dous anos sustituiu a Henrique Serra como concelleiro en Coristanco e compaxina a súas tarefas políticas co seu emprego como auxiliar administrativo no Concello de Oleiros. Xosé Manuel, que naciu na parroquia de Erbecedo, está casado e ten dous fillos. -Faga un balance destes dous anos na oposición. -Foi moi positivo porque levamos adiante iniciativas clave: instar ó goberno a facer o PXOM, a modificación da ubicación do polígono, o inicio da regulación da travesía e conseguimos que o Concello se abra á participación dos veciños. -¿E os próximos retos? -Buscamos a democratización do Concello e a participación vecinal. O obxectivo é que as asociacións teñan posibilidade de opinar antes de levar os proxectos adiante, con reunións periódicas e a aprovación dun regulamento de funcionamento. Ademais, no noso programa apostamos por unha piscina climatizada, un programa ó que o alcalde xa renunciou, e unha formación profesional con módulos de agricultura, gandería, carpintería, construcción e textil, así como a integración social de determinados grupos.