A principal preocupación de Calixto Vázquez Añón é consolidar as clases de guitarra. As de solfeo, piano e acordeón xa teñen dez años en Laxe
21 sep 2002 . Actualizado a las 07:00 h.A asociación de veciños da parroquia de Serantes, en Laxe, abre hoxe o prazo de inscripción para as súas actividades de música clásica e tradicional. _¿Cales serán os cursos? _Temos solfeo, piano e acordeón. Levamos tres anos pelexando para consolidar as clases de guitarra, pero non temos alumnos abondo e para a asociación supón un esforzo económico moi grande. Levamos tres anos sacrificándonos, pero esta é unha entidade moi pequena e se non hai alumnos quizais non se poida dar. _ ¿Cando crearon a escola e por que? _A escola funciona dende o ano 91 con solfeo, acordeón e piano e co mesmo profesor. Empezamos con oito alumnos e agora temos máis de trinta. Coa música queriamos elevar nivel cultural e ofrecer unha actividade que tivera demanda e interese. Ademais daquela empezaba o Conservatorio de Carballo e non había moitas oportunidades de aprender música pola volta. _¿A xente é da parroquia? _Algúns, pero tamén os hai de Laxe, de Borneiro e de Canduas, de Cabana, de Baio e doutros lugares. _ ¿Que relación teñen co Conservatorio? _Hai moitos alumnos que van ó Conservatorio e mesmo algúns que están en grao medio. A escola de música permitelles non facer tantos desprazamentos a Carballo, porque o profesor Jacinto Paredes corrixelles e levan a lección aprendida. Hai outros que non van o Conservatoro porque temos alumnos maiores, sobre todo en acordeón. _A escola supón un esforzo económico grande. Si, porque temos que pagar os desprazamentos dos profesores e sae máis caro. Aquí non hai docentes.