Inauguración A inauguración oficial do Simposio Pondaliano será ás 18.15 horas, e ás oito haberá un recital poético musical sobre Cantarolas e poemas de Neira Vilas e Anisia Miranda. Análise Miguel Anxo Mato fará unha análise literaria de A campana de Anllóns ás 18.00 horas, e ás 19.30 haberá un Abertal Comunicacións titulado Recursos pondalianos na rede. Conferencias Eduardo Pondal no rexionalismo galego e O Anllóns. Material pedagóxico da comarca de Bergantiños , serán as conferencias de Ramón Maiz e Xosé Manuel Varela. Música do rexurdir Fernado López falará da música galega no Rexurdimento e Tucho Calvo presentará Queixume dos pinos . Terra de Xallas O percorrido pondaliano pola terra de Xallas de Francisco Fernández Naval durará todo o día, de 10.00 á 20.00 horas. Poesía Manuel Ferreiro presentará a nova imaxe poética de Pondal e Paco Souto clausurará o Simposio co recital poético Como augas de maio ás 19.30 .