JOSÉ DOMÍNGUEZ, PATRÓN MAYOR
29 nov 2001 . Actualizado a las 06:00 h.O patrón maior da confraría de Corcubión é, desde hai dez anos, José Domínguez. Cando empezou, tiña só 32 anos, e agora é un dos máis veteranos da Costa da Morte. -¿Vai a continuar vostede como patrón maior? -De verdade que aínda non sei ben se vou a seguir, porque este posto cansa moito. A ver se outro compañeiro se anima a toma-lo relevo. Son moitas cousas as que teño entre mans: a familia, a miña empresa, o barco... Logo, con este cargo, hai que facer moitas viaxes, ás veces é un auténtico sacrificio compaxinar todo. E, así, día a día desde as cinco da mañá. -Se por un casual, segue, ¿que infraestructuras considera máis necesarias? -Ademais da lonxa, sería necesario que tiveramos un local no peirao onde meter útiles. Na confraría, polo menos, estamos ben informatizados. -Vostede si que terá vista a evolución da confraría nestes anos. -Vaia se vin. Cando eu empecei, pr non ter non tiñamos nin un bolígrafo. Entre todos metemos unha man e foi mellorando. O que máis cambiou foi o tema da xestión. Cada vez é máis complicado, hai moito papeleo, moitas axudas que se tramitan día a día. Hai que estar sempre atento. Tamén variou o dos plans de explotación; antes, cada entidade facía o seu, e agora vai por zonas. -¿A Administración é un aliado do mariñeiro? -Eu creo que hai moito caos, e non o digo eu só, dicímolo os patróns. Demasiada normativa, que un día pon unha cousa e ó outro, oura. E, ademais, sen flexibilidade, sen negociacións. Dicho y hecho. E isto é o que menos me gusta. -Vostede ten sido moi crítico co uso da dinamita na Costa da Morte. ¿Houbo mellorías? -Algunha debeu de haber. Creo que foi a menos. Agora, ós de aí abaixo, cando veñen aquí a pescar, xa non se lle escoitan os estoupidos.