SANTIAGO GARRIDO A ENTREVISTA Xesús Pérez Varela, conselleiro de Cultura, Turismo e Comunicación Social Xesús Pérez Varela, conselleiro de Cultura, Turismo e Comunicación Social, visitou onte o Concelo de Zas para firmar un convenio de colaboración que permita a construcción do centro multiusos (xuvenil, sociocultural e para a Tecerira Idade) polo que o seu departamento aportará 30 millóns de pesetas. Foi recibido polo alcalde e case toda a corporación, e aproveitou para visitar as obras da primera fase do centro. Falou en Onda Cero Bergantiños das iniciativas que se levará a cabo na Costa da Morte, comarca á que dixo profesar una especial querencia. Resaltou as inversións xacobeas, ó dicir que «cubriremos a comarca de albergues».
10 jul 2001 . Actualizado a las 07:00 h.Pérez Varela estivo acompañado pola delegada de Cultura, Isabel García Vila, e o subdirector xeral de Promoción Cultural, Homero Pérez. O alcalde, Ernesto Rieiro, amosoulle as instalacións municipais, pediulle a firma no Libro de Honra, entregoulle o emblema do Concello e recibiu a cambio palabras de admiración a declaración de que «aquí non veu un conselleiro, veu un amigo». -¿Que lle parece a iniciativa do centro sociocultural? -Paréceme excelente e moi necesaria. Creo que é un gran edificio. Ademais da Deputación, vamos a colaborar nel tres consellerías: Sanidade, Familia e nós, aportando infraestructura e material para a cultura e o ocio. É importante esta colaboración, ás veces non é nada fácil poñerse de acordo. -¿Como están as inversións en albergues? -Cubriremos de albergues toda a Costa da Morte. O que está xa en marcha é o de Muxía. Hai unhas pequenas diferencias coa Igrexa que eu creo que se van a solventar. Co Concello estamos totalmente de acordo, tamén imos a axudar a que a praza principal quede empedrada, para que os peregrinos podan admirar ese gran pobo, anque temos feito un estudio de tódolos albergues. Antes do Xacobeo 2004, garantizo que teremos cuberta toda a ruta da Costa da Morte.