Un día que é unha semana

REDACCIÓN CARBALLO

CARBALLO

CASAL / MAICA SIMÓN

Moitos centros educativos da zona manterán actividades extraescolares ata o venres O Día das Letras Galegas adquire en moitos centros educativos da Costa da Morte unha extraordinaria capacidade de extensión. Así, a xornada adicada a Eladio Rodríguez convértesen unha semana. O mesmo ocorre nalgúns concellos e en asociacións, como Monte Branco, que ten esta festa como unha das súas principais actividades do ano. Pero son os colexios os que máis se aproveitan das posibilidades que se lles brindan para a organización de actividades extraescolares. A literatura é o tema preferente.

14 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Os asuntos relacionados cos libros son os favoritos dos centros educativos á hora de programar actividades para celebrar o Día das Letras Galegas. Pero non son os únicos. A Semana Cultural de Agualada abriuse cun asunto de moita actualidade, aínda que moi alonxado do espíritu da festa: a seguridade alimentaria. A charla foi impartida por un profesor de Fonteboa e os nenos aprenderon a ler as etiquetas dos productos envasados que consumen habitualmente. Obradoiro No colexio Mar de Fóra de Fisterra houbo un obradoiro de olería, unha actividade que se traslada hoxe ó centro de Agualada. No caso fisterrán, o programa das Letras reanudarase a vindeira semana. Máis de acordo con estas datas estivo a conferencia da poetisa Yolanda Castaño no colexio As Revoltas de Cabana, no que os alumnos terán unha charla cada día desta semana. Tamén relacionada cos libros foi a apertura do programa do Concello de Laxe, que tamén foi un obradoiro, aínda que, neste caso, de ilustracións de públicacións, un asunto bastante relacionado coa Semana da Banda Deseñada que se clausurou o domingo na localidade. Os nenos dos colexios de Corme e Ponteceso tamén terán a oportunidade de ver de cerca a unha escritora. Paz Puente se reúne hoxe con eles a instancias de Monte Branco.