Alumnos e mestres son os destinatarios dos primeiros actos de conmemoración da figura de Eladio Rodríguez Mañán ábriranse en varios municipios da Costa da Morte os programas das Letras Galegas. En moitos casos, o esceario da primeira xornada serán escolas e tamén os mestres. A asociación cultural Monte Branco de O Couto inaugurará os primeiros Encontros de Normalización e tamén local, porque, por primeira vez, a casa do Concello de Ponteceso é sede dunha actividade da Festa das Letras, que é, como en ocasións anteriores, a máis completa e imaxinativa da Costa da Morte. Nos concellos destacan os de Cabana e Laxe, mentres que a oferta de Malpica ainda é escasa. Noutros casos, criscrunscríbese ó xoves.
12 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.As actividades adicadas as Letras Galegas arrancarán mañán con actividades para os alumnos e os profesores. Ata o día 17, os programas están especialmente dirixidos ó mundo académico e potencian o encontro entre escritores e futuros lectores, además de formar ós profesores. Será o día da festa cando as Letras Galegas cheguen efectivamente a tódos públicos. O xoves compartirá protagonismo co domingo, xornada escollida por Monte Branco para a súa principal celebración anual, na que se renderá homenaxe á cultura popular en xeral e o personaxe do regueifeiro moi en particular. Encontro Mañán, os mestres interesados pola lingua teñen unha cita no Concello de Ponteceso nos Encontros de Normalización, que na súa inauguración están especialmente adicados á música, con Manuel Rico, Uxía e Nani García. O colexio de Agualada terá un doble protagonismo. Por unha banda mostrará na vila de Pondal unha experiencia didáctica sobre a lingua a través do coñecemento do medio e doutra, abrirá a súa Semana Cultural cunha conferencia sobre seguridade alimentaria. As necesarias relacións entre autores e lectores concentraránse nos centros de Cabana e A Laracha. Yolanda Castaño e Xelucho Abella Chouciño se reunirán cos alumnos para favorecer o seu interese pola poesía e a narrativa. En Laxe, o Concello organiza un obradoiro sobre ilustración de libros a cargo de Marisa Irimia Palmeiro. Este acto abre amplio programa que rematará o próximo luns co fallo do xurado do segundo certamen de novela curta, que está organizado pola biblioteca pública. En Malpica, o programa está centrado nos grupos de contacontos. A primeira representación, que será precisamente mañán, se desenvolverá no instituto Urbano Lugrís.