«Hai moitos bens aínda sen catalogar»

La Voz

CARBALLO

PEDRO TASENDE A ENTREVISTA Bernardino Martínez Castiñeira, técnico de Cultura do Concello de Camariñas

24 ago 2000 . Actualizado a las 07:00 h.

Os técnicos da Deputación coruñesa remataron os labores para a restauración dun dos xacementos etnográficos máis curiosos da Costa da Morte. Trátase dunha trampa para lobos feita con pedra e que data de moi antiguo. O técnico de Cultura do Concello de Camariñas, Bernardino Martínez Castiñeira, asegura que aínda queda moito por atopar. _¿En que consiste esa trampa? _Pensar nunha trampa para lobos sería pensar en algo máis mecánico, como cepos ou algo similar. Nembargantes, temos que ter en conta que as trampas do tipo que se atopou datan algunhas da idade media e algunha en concreto do século primeiro. Consisten en dous muros converxentes que acaban nun vértice onde hai un foxo. En realidade, non é máis ca eso, dous muros cunha lonxitude amplia e no seu final hai un foxo que se cubría con toxos ou xestas. _¿Como era o proceso para capturar os animais? _Non hai moita documentación sobre os foxos dos lobos. O que supoñemos é que, nas batidas, os veciños da zona levaban cousas para facer ruído, co que espantaban ás bestas e provocaban despois que entraran nesa especie de circuito. _¿Onde se ubica o foxo? _Na praia da Balea, na zona de Reira. A cincuenta metros tamén está a mámoa de Reira. _Este non é tipo de achádego ó que estemos acostumados. ¿Cal é a súa importancia? _Hai varios tipos de foxos. Éste, en particular, ten a súa importancia pola zona onde se ubica, dunha beleza paisaxística muy importante. Pero tamén é curioso porque un dos muros vai ó mar. _Moitas pedras do foxo utilizáronse noutra época para facer o peirao. _É unha auténtica mágoa. Non só as pedras do foxo, senón tamén as do castelo do Soberán e moitas outras construccións antigas. _¿Canto patrimonio queda por descubrir en Camariñas? _Non só en Camariñas, senón en toda Galicia. Hai moitos bens que aínda están sen catalogar.