A procedencia de A Bragán

ROCÍO DOURADO

RIBEIRA

30 jun 2017 . Actualizado a las 11:31 h.

A Bragán (Olveira, Ribeira) semella o xenitivo dun nome persoal. Neste caso talvez poidamos falar do antropónimo AFRICANUS, con certa presenza na nosa documentación medieval (Africanus 910, 942, 1095; Abrecanus 1010; Abrecano 1097) e que parece estar na orixe doutros cognados galegos como Abragán, existente na actualidade nos concellos d’O Corgo e A Estrada, ou combinados con outros elementos como o caso de Portobragán (Ribadeo). En Pereiro de Aguiar documéntase un topónimo Abregón (de *AFRICONII, xenitivo dun hipotético *AFRICONIUS), e Joseph M. Piel sinala descendentes toponímicos deste mesmo antropónimo en Portugal, como Abregão, Abregã e Abragão. Na forma ribeirense prodúcese unha deglutinación da vogal inicial, posibelmente por considerar que se trataba dun artigo. Por tanto, a hipótese dun sintagma *AFRICANI como orixe da forma A Bragán ou Abragán é conxectural mais conta con apoios de relevancia no sistema toponímico tanto galego como portugués.