Noia súmase con varios actos ao Día de Rosalía

La Voz

NOIA

Ana Blanco, vicepresidenta da Fundación Rosalía
Ana Blanco, vicepresidenta da Fundación Rosalía DANI GESTOSO

Haberá degustación de caldo en varios negocios, unha charla con recital incluído e una xincana literaria

20 feb 2026 . Actualizado a las 15:02 h.

O Concello de Noia súmase á conmemoración do Día de Rosalía con diversos actos. O central terá lugar o luns (casa de cultura, 19.00) e consistirá nunha charla sobre a escritora, na que participarán Ana Blanco, vicepresidenta da Fundación Rosalía; Chelo Martínez, concelleira de Cultura; e Lucía del Puerto, do club de lectura María Mariño. Incluirá un recital poético.

Ademais, ao longo destes días será posible degustar caldo de gloria en diversos locais hostaleiros da vila. Hoxe formará parte do menú do día do Mesturas e o Xiada, mañá continuará no Mesturas e o luns estará na carta do Elisardo. O luns será a tapa do Senra.

Para os máis aventureiros, o Concello propón unha xincana literaria, consistente en localizar sete poemas situados en puntos estratéxicos da vila. Os que cumpran o reto entrarán no sorteo de 30 agasallos conmemorativos.