Entrevista | Teresa García Crecente O último número de «Pallares. Nova época» foi seleccionado, xunto con outro de Noia, para optar aos premios Lobos 2005, de ámbito estatal
14 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.Xunto con Ana Arias, Teresa García Crecente coordina a revista Pallares , do centro educativo Tino Grandío, de Guntín, unha das dúas publicacións escolares de Galicia que acaban de ser seleccionadas pra optar aos premios Lobos 2005, de ámbito estatal, convocados pola Asociación de Prensa Juvenil que serán fallados durante o Congreso sobre Prensa e Educación, a celebrar en Barcelona dende o día 24 ao 26 de novembro. -¿Como se iniciou o proceso no que foi seleccionada esta revista entre as de colexios de toda España? -Como estamos integrados en Bibliotecas Escolares, vimos o concurso en Internet e mandámoslles a revista. -En Galicia só foron seleccionadas dúas. Será moi boa -Cremos que si. Estamos orgullosos dela e por eso a presentamos. -¿Canto levan con ela? -Levamos moitos anos sacándoa, pero este último foi o quinto número da nova etapa, e por eso agora se chama Pallares Nova Época . Na súa elaboración colaboran tódolos alumnos e a mair parte dos profesores, además de xente do concello ou vinculada con Guntín, que aporta artigos. Hai que destacar que o impulsor foi o profesor de Galego, Carlos Vázquez. -¿Como a financian? -Temos recibido premios, un deles do concurso Entre Nós, en Galego; con axudas de Normalización Lingüística e o Concello de Guntín faise cargo da edición dos 500 exemplares que sacamos cada ano, que distribuimos gratuitamente entre os alumnos, pero cobramos un euro por cada un que nos piden a maiores. -¿Que cre que primou máis nesta selección, os contidos ou a maquetación e presentación? -Penso que foi o conxunto, porque ten unha maquetación moi boa pero tamén os contidos resumen as actividades de todo o curso, incluídos os catro programas básicos nos que se agrupan. Tamén se lle adican espacios á historia local, e hai boas colaboracións.