O fútbol

Manuel Gago
Manuel Gago VERMELLO CONTRA O MAR

BARBANZA

Lamine Yamal, durante un encuentro de la selección española en el Mundial
Lamine Yamal, durante un encuentro de la selección española en el Mundial AFP7 vía Europa Press | EUROPAPRESS

primeira vez que fixen prácticas nun xornal non se lles ocorreu outra cousa que mandarme directamente á sección de Deportes, ante o cachondeo xeral dos amigos. Eu estaba espantado con aquel universo ignoto de xogadores e termos arcanos como «fóra de xogo», pero boteille resignación.

Vía como o redactor xefe sufría ao titular coma quen pare un fillo, e logo entendín que o exercicio de titular moitas crónicas deportivas é unha desgraza inevitable. Por sorte chegou Antón Lopo, sacoume dalí e levoume para o hábitat natural dun cultureta, que non é a sección de crucigramas.

Desde entón fun perfeccionando a técnica de ignorar a información deportiva. Poden pasar un Xogos Olímpicos enteiros ou un Mundial de fútbol como o que agora padecemos e eu non enterarme de ren. Directamente non vexo esas novas aínda que ocupen unha portada. Como son capaz? Non o sei, pero debo ser no único no que melloro ano tras ano. Aínda descubrín esta mediodía que España está en semifinais (está en semifinais?).

Tampouco vou presumir do asunto ou irme de culto: creo que a todos nos pasa o mesmo con aquilo que en realidade non nos interesa, aínda que non o recoñezamos. Por iso da cultura se entera tan pouca xente.

Pero sempre hai que saber algo de fútbol, como dicía un profesor meu. En Serbia, días antes do inicio da guerra de Kosovo, unha charla parva sobre Dukic ou Dorovic, xogadores no Valencia e no Celta de aquela, zafounos dalgún problema con aquela perigosa policía. Se non lles gusta o fútbol, eviten ir a zonas en conflito.