Pepe Roibás foi asesor xurídico, entre outros, do Concello de Lousame
18 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe amañecín cun día gris, encapotado de néboa e con choiva. O mesmo que o meu ánimo, porque perdín un bo amigo, unha boa persoa e un gran profesional da avogacía; honesto, responsable, comprometido, humilde e xeneroso: José Manuel Roibás (Pepe Roibás).
É recoñecido entre moitos compañeiros de profesión, na Fiscalía, na xudicatura e en todos os concellos onde traballaba. Sempre disposto a escoitar, a transmitir confianza e tranquilidade. Era una persoa empática e amigo dos amigos.
Amaba a familia e sentíase orgulloso dela. Nunca esquecía as súas raíces, era como un carballo de gran porte que por alto que chegara sempre permanecía fortemente arraigado ao chan e acubillando baixo as súas pólas a toda a familia e amigos.
Cando parte una persoa coma Pepe faime pensar na sorte que tiven de coñecelo, de desfrutar do seu coñecemento, da súa xenerosidade, amizade e apoio nos momentos difíciles, profesionais e persoais.
Onde queira que se atope encherá todo de luz e serenidade, e rogará para que a súa compañeira de vida e as súas fillas sintan moi preto o seu amor.
Que descanse en paz.