Barbantia chama aos socios a reunirse en Rianxo

La Voz

BARBANZA

Imaxe de arquivo dun acto de Barbantia
Imaxe de arquivo dun acto de Barbantia ELENA FERNANDEZ

A asemblea ordinaria terá lugar o venres en Rianxo

24 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A asociación Barbantia convocou para o vindeiro día 30 unha asemblea ordinaria. A xuntanza de socios terá lugar ás 18.30 no auditorio de Rianxo e nela farase balance do ano que vén de rematar, analizando as actividades levadas a cabo e o estado das contas. Posteriormente, a directiva, liderada por María Xesús Blanco, dará a coñecer o programa de actividades que ten previsto desenvolver ao longo deste 2026.

Trala celebración desta asemblea, a entidade celebrará a súa cita literaria de cada último venres de mes, que nesta ocasión terá como protagonista a Eme Cartea. O ribeirense presentará o libro resultante da tradución que fixo ao galego de Sanshô-Dôei, unha colección de 117 poemas escritos polo mestre zen xaponés Eihei Dôgen.

O acto contará coa intervención plástica de Jontxu Argibay e coa actuación da escola de música local.